Nacemento:
Morte:
Mariñeiro e panadeiro, 27 anos. Casado; tiñan un fillo de dous anos: Francisco. Veciños de Cabo de Cruz. Adicouse á pesca da sardiña e colaborou na panadería familiar.
Militante da UXT e de ideas republicanas.
Exiliado. Encarcerado.
Cando se produce o alzamento mantívose en agochos, entre eles no cortello dos porcos da súa propia casa, onde o alimentaba a súa dona. Diante das ameazas á súa familia escapou para Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) disfrazado de muller. Prendérono cando tentaba pasar a Portugal e estiveron a piques de asasinalo no viaxe de volta cara o seu pobo.
Ingresárono na cadea de Santiago de Compostela (A Coruña), onde lle ofreceron unirse as tropas franquistas ou o fusilamento; escolleu o primeiro.
Desertou do exército franquista na fronte de Talavera de la Reina (Toledo) para loitar coas tropas republicanas na guerra civil; coas forzas leais combateu na fronte de Aragón.
Ao remate da contenda española pasou a Francia coa súa unidade militar e confinárono en Le Barcarès (Pireneos Orientais, Occitania, Francia). Despois destinárono de xeito "voluntario" á Compañía de Traballadores Estranxeiros nº 33.
Prendérono os nazis alemáns o día 22/06/1940 e internárono en Estrasburgo stalag V-D (Gran Este, Francia). Deportado ao campo de exterminio de Mauthausen (Austria), onde chega o día 13/12/1940. Trasladado a Gusen (Austria) o 08/04/1941 e devolto ao campo principal de Mauthausen.
Liberado polas forzas aliadas o 05/05/1945.
Despois da liberación estableceuse en París, cidade na que traballou na Renault. A súa dona e o seu fillo reuníronse con el no ano 1949.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.