Nacemento:
Morte:
Médico e político, 51 anos. Casou en decembro de 1911 con Carmen Ibáñez Araujo; tiveron cinco fillos e dúas fillas: Enrique, Carlos, María de los Ángeles, Alberto, Álvaro, María del Carmen e José. Veciños de Redondela. Irmán de Luis-Juan Pereira Míguez. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 1907. Médico en Redondela.
Concelleiro en 1915. No ano 1933, coa II República, foi secretario da directiva do Centro Republicano de Redondela. Militante e secretario da UXT. Secretario da Agrupación Local da Agrupación Socialista (AS) na súa localidade.
Membro da masonería.
Encarcerado. Sancionado.
Despois de producirse o golpe militar detivérono os golpistas en setembro de 1936.
Xulgado en consello de guerra en Vigo (Pontevedra), o día 16/12/1936, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Ingresado no cárcere de Vigo e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela.
Trasladado ao penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), onde ingresa o 22/02/1937.
Enviado á Prisión Central de Figueirido (Pontevedra) o 30/04/1939.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra.
Tamén o condenaron a pagar unha forte indemnización de dous millóns de pesetas pola que lle embargaron todos os seus bens.
Cando saíu da cadea desterrárono en Ceuta en abril de 1939 e regresou finalmente a Redondela onde exerce a súa profesión médica, igual que en Domaio e A Lama, na provincia de Pontevedra.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.