Nacemento:
Morte:
Labrego, músico e compositor, 35 anos. Casado. Veciños de San Pedro de Canaval. Era propietario dunha fábrica de cerámica na súa localidade. Fixo estudos musicais no Conservatorio Nacional de Madrid, aprobou a carreira de piano e foi director, entre outras, da Banda de Música de Sober.
Concelleiro de Sober no ano 1931. Presidente do Comité Republicano Labrego de Canabal. Militante no ano 1932 do Partido Republicano Galego (PRG). Alcalde de Sober por Esquerda Republicana (ER), dentro da coalición da Fronte Popular (FP), de xuño a xullo de 1936.
Fuxido. Exiliado.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión ou rebelión militar, na causa 1009/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
No dito xuízo condenaron á pena de morte a Edmundo Pérez Díaz; cadea perpetua para: Ramón Martínez Arias e Antonio Rivas Piñeiro; 12 anos de prisión para José-María Feijoo Rodríguez. Declarouse fuxido e en rebeldía a Antonio Pérez García.
Finalmente exiliouse na Habana (Cuba) no ano 1936, onde fuxiu disfrazado de cura, coa falsa identidade de Antonio Rodríguez Álvarez. Neste país que foi un respectado pianista.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.