Nacemento:
Morte:
Mestre, 23 anos. Casado. Veciños de Ferrol (A Coruña). Mestre nacional desde setembro de 1930 e por oposición desde 1933. Exerceu en San Félix de Esteiro, Ortigueira (A Coruña) durante dous anos e por tres anos en Ferrol.
Desde marzo de 1931 era militante e secretario de prensa e propaganda da Federación de Traballadores da Ensinanza, da UXT (FETE-UXT) e secretario desde 1935; membro da Agrupación Socialista (AS) de Ferrol desde outubro de 1932.
Encarcerado. Exiliado. Depurado.
Cando se produce o golpe militar mantívose agochado, escapou a Cuba ata pasar en setembro de 1936 á zona republicana, incorporándose en febreiro de 1937 ao exército leal.
Despois da caída da Fronte Norte pasou a Cataluña, onde pertenceu como comandante á 5ª Brigada Mixta da Comandancia do Corpo de Carabineiros de Lleida e á 211ª Brigada Mixta. Máis tarde foi delegado de carabineiros na 13ª División e na Xefatura das Forzas do Norte. Combateu nas frontes de Madrid, Aragón e Cataluña; ferírono en combate en febreiro de 1938.
Cruzou a fronteira francesa o día 11/02/1939 e ingresárono nos campos de concentración de Prats-de-Molló-la-Preste, Pireneos Orientais, Occitania (Francia) e no de Cap d'Adge, Hérault (Francia).
O día 12/06/1939 embarcou no Ipanema no porto de Pauillac, Gironda (Francia) e chegou a Veracruz (México) o día 07/07/1939.
Depurárono os franquistas como mestre nacional.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.