Nacemento:
Morte:
Empresario e político. Casado con Antonia Rodríguez. Veciños de Ferrol. Consignatario de buques, contratista, subministrador de carbón e propietario da empresa de automóbiles El Noroeste.
Presidente da patronal ferrolá, concelleiro de Ferrol e cónsul de Portugal na cidade de Ferrol.
Asasinado cando se dirixía ao seu domicilio acompañado do escolta Gregorio Beato. Abordado por seis persoas, que o deixaron mortalmente ferido de varios disparos e finou esa mesma noite na Casa de Socorro, en Ferrol.
Por estes feitos detiveron: Nicasio López Fidalgo, obreiro da construción naval; Celestino Cordero Gómez, obreiro en paro; Antonio Oroso Fraguela, cargador no peirao e un dos líderes das folgas; e José Salido, a quen non se localizou.
Aos implicados xulgáronos do 15 ao 20/12/1924 na Coruña. A Nicasio e a Celestino castigáronos a cadea perpetua e a unha indemnización de 20.000 pesetas. A Antonio absolvérono por falta de probas. Nicasio e Celestino estiveron arredor de seis anos no cárcere e amnistiáronos ao establecerse a II República.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.