← Volver atrás

Pérez Núñez, Julio

Alcume: o Pintor
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Corme, Ponteceso
(A Coruña)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 22/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Albanel, 24 anos. Veciño de Corme.

Paseado.

Executado polos fascistas sen xuízo previo.

Nun primeiro momento paseárono e abandonárono como morto, uns veciños levárono ao hospital e, cando os falanxistas se decataron de que seguía vivo, a Garda Civil sacouno do centro hospitalario pola forza e rematárono no Campo da Rata, na Coruña, por non obedecer as voces de "alto" cando o trasladaban ao cárcere desde o Hospital Municipal da Coruña, segundo a información oficial.

Morte rexistrada a causa dunha hemorraxia interna.

O seu cadáver apareceu na estrada de Circunvalación da Coruña.

Soterrárono o 24 de setembro nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña.

Por mor do seu pasamento abriuse unha causa na Coruña, que rematou o día 15/10/1936 co resultado de sobresemento ao determinarse que a Garda Civil disparara por non facer caso ás ordes de alto cando trataba de escapar.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha