← Volver atrás

Pérez Pérez, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

A Costa, San Miguel de Albarellos, Boborás
(Ourense)
- 18/08/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Baiona, Nova Aquitania
(Francia)
- 01/01/1986 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mineiro e afiador, 31 anos. Casado con Escolástica (Navarra); tiñan unha filla: Dominique, nada no 1931. Traballou no Principado de Asturias e, nos anos vinte, emigrou a Francia e traballou na construción de estradas e de mineiro; asentouse en Baiona, onde foi afiador.

Exiliado. Encarcerado.

Residía en Francia cando se inicia a II Guerra Mundial. Acusárono de colaborar coa resistencia francesa nun grupo comunista, de cometer sabotaxes e facilitar a fuxida de xudeus e pilotos aliados.

Prendérono os nazis alemáns o día 27/01/1943 e encarcerárono en Baiona e Burdeos, onde sofre tortura, e, en xuño de 1943, no campo de Compiègne (Oise, Alta Francia). Trasladárono o día 19/01/1944 a Buchenwald (Weimar, Alemaña) con outros 229 españois; alí traballou de carpinteiro.

Liberado polas tropas aliadas estadounidenses o día 11/04/1945.

Regresou a Baiona e nunca volveu a Galicia.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha