← Volver atrás

Pesqueira Domínguez, Carmen

Alcume: a Capirota
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executada

Nacemento:

A Mouta, Marín
(Pontevedra)
- 01/07/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Marín
- 18/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Costureira e lavandeira, 29 anos. Era nai solteira e tiña un fillo de 4 anos. Veciños de Marín. Filla de pescadores. Traballaba para os relixiosos dun priorado e para as familias de posibles de Marín.

Non se lle coñecía ningunha filiación política ou sindical.

Executada.

Secuestrada por unha banda de falanxistas na noite do 18 de agosto, despois de que saíra na defensa dun home maior ao que estaban a maltratar por non erguer o brazo dereito ao paso dos falanxistas; entre os seus asasinos atopábase o criminal nazi Bruno Schweiger Damboech, o Alemán, xefe da Centuria de Zapadores de Falanxe en Marín.

Violada, torturada, mutilada, mallada e asasinada a tiros por este grupo de fanáticos falanxistas no Pozo da Revolta, Bagüín, San Xurxo de Mogor, Marín. Ao día seguinte o seu cadáver paseárono, cos peitos mutilados, polas rúas de Bueu e pola súa contorna nunha camioneta como advertencia do que podía pasar; logo abandonárono na rúa.

A súa morte rexistrouse en Bueu (Pontevedra) a causa de ferida no corazón, omitindo que o corpo presentaba varios tiros e evidencias de maltrato.

Soterrárona en Bueu.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha