← Volver atrás

Piñeiro Díaz, Enrique

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Bos Aires
(República Arxentina)
- 12/08/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Militar, 23 anos. Veciño de Ferrol (A Coruña). Mariño da Armada, destinado no acoirazado Jaime I.

Militante da CNT.

Encarcerado.

Cando se produce a sublevación militar foi un dos mariñeiros que se fixeron co seu acoirazado e o puxeron ao servizo do goberno legal. Logo levaron o barco de guerra a Tánxer.

Fixo a guerra civil no exército republicano. Era cabo de artillería no acoirazado Jaime I en abril de 1937. Despois da sabotaxe ao Jaime I pasou ao Cabo San Agustín, que movía materiais entre os portos republicanos e Rusia e aportado en Odessa, a finais de 1938, retivérono as autoridades rusas.

Ao rematar a contenda española seguía en Rusia, prendérono, recluírono na república de Yakutia e, en novembro de 1942, no campo 99 de traballos forzados (gulag) en Karagandá (Kazajistán).

O día 02/04/1954 chegaba ao porto de Barcelona o barco Semíramis con retornados españois; o barco saíra do porto de Odessa (Ucraína). Regresaban un total de 286 españois: 229 veteranos da División Azul, 19 desertores do Exército Rojo, 15 alumnos pilotos republicanos, 19 mariñeiros republicanos e catro nenos da guerra.

Dos 19 mariñeiros republicanos repatriados, polo menos sete eran galegos: Juan Castro López, Manuel Dávila Eiras, José García Gómez, Juan-Manuel Gómez Mariño, Antonio Leira Carpente, Enrique Piñeiro Díaz e Ramón Santamaría García.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha