← Volver atrás

Piñeiro Piñeiro, Gerardo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

San Vicenzo de Cespón, Boiro
(A Coruña)
- 27/04/1917 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santiago de Compostela
- 11/10/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, 19 anos. Casou con Elisa Cespón Piñeiro; polo menos tiveron un fillo: Tomás. Veciños de Cespón.

Militante da UXT e das Xuventudes Socialistas (XXSS) de Boiro.

Executado.

Acusado de participar na resistencia armada ao golpe militar e do atentado contra unha farmacia de Boiro, os rebeldes ingresárono na prisión de Santiago de Compostela o día 24/08/1936.

Trasladado á Prisión Provincial da Coruña o día 09/10/1936, regresa a cadea de Santiago de Compostela o día 08/05/1937.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) o día 02/08/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 289/37, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono os golpistas en Santiago de Compostela.

Soterrárono no cemiterio de Boisaca, na capital compostelá.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha