← Volver atrás

Piñeiro Vázquez, Pablo

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

lugar descoñecido
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Funcionario e político, 29 anos. Veciño de Caldas de Reis (Pontevedra). Oficial do Rexistro da Propiedade de Caldas de Reis.

Colaborador de El Pueblo Gallego. Nomeárono representante de Sociedade de Autores na súa localidade en maio de 1935.

Alcalde de Caldas de Reis desde marzo de 1936.

Fuxido. Exiliado.

Cando se inicia o movemento golpista, ordenou a requisa de armas e un grupo de milicianos dirixiuse cara Pontevedra. O día 21 de xullo remata a resistencia popular fronte aos rebeldes e foxe ao monte con outros dirixentes das esquerdas.

Formou parte do grupo de fuxidos que dirixía Manuel González Fresco.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de auxilio á rebelión co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Máis tarde pasou a Francia. Logo exiliouse en Bos Aires (República Arxentina), onde chegou no vapor Massilia o día 05/11/1939.

No ano 1942 ábreselle un expediente de responsabilidades políticas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha