Nacemento:
Morte:
Mestre, 25 anos. Veciño do Espírito Santo de Camelle, Camariñas (A Coruña). Mestre nacional de Camelle.
Militante da CNT.
Depurado. Exiliado. Executado.
Os franquistas abríronlle un expediente e depurárono como mestre nacional.
Causa militar aberta na Coruña e posto en busca e captura.
Durante a guerra civil, entre outubro e decembro de 1936, foi membro do Consello Rexional de Defensa de Aragón, no que se ocupou de Transportes e Comunicacións. Co tempo destinárono ao Servizo de Información Especial Periférica (SIEP) do X Corpo de Exército do Exército do Este, onde acada o grao de tenente.
Ao remate da guerra civil exiliase en Francia e fuxiu do campo de internamento de Vernet d'Ariège. Co tempo forma nunha organización de guías e pasadores, o Grupo Ponzán, co que pasaba persoas de España que escapaban da represión franquista.
Despois da invasión nazi de Francia, Ponzán puxo o seu grupo ao servizo da resistencia francesa e dos aliados, chegando a sacar do país a unhas 3000 persoas vía Xibraltar e Portugal, sobre todo aviadores aliados caídos en combate.
Prendérono os alemáns en Toulouse (Occitania, Francia) por mor dunha delación, en abril de 1943, e encarcerado.
Cando só faltaba unha semana para a liberación de Francia, a Gestapo (policía secreta nazi) sacouno da cadea de Toulouse (Occitania, Francia) cunhas 50 persoas máis, disparáronos e queimáronos en Buzet-sur-Tarn, no Pirineo francés.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.