← Volver atrás

Porto Leis, Alejandro

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

San Salvador de Serantes, Ferrol
(A Coruña)
- 09/06/1887 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Frouxeira, Valdoviño
(A Coruña)
- 01/01/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Electricista naval e político, 49 anos. Casou con Gloria Santos Sánchez o 28/02/1934; tiveron dúas fillas: María de la Encarnación e Amalia. Veciños de Serantes. Fillo do médico de Serantes Eduardo Porto Porto, natural de Santiago de Compostela (A Coruña) e de Amalia Leis Núñez, de Muxía (A Coruña). Era o pequeno de tres irmáns, a maior era Leonor Porto Leis e o segundo era Eliseo Porto Leis, militar e falanxista. Estudou Artes e Oficios en Ferrol. Despois de Viaxar a Cuba e a Estados Unidos, regresou a España e estableceuse como electricista nos estaleiros de Bazán.

Detido por participar nos acontecementos da revolución de outubro de 1934 por estar na posesión dunha arma. Encadeárono ata xuño de 1935 e amnistiárono tempo despois.

Concelleiro e nomeado alcalde na Corporación de Serantes (Ferrol) nas municipais de 1931 polo Partido Republicano Radical (PRR). Tamén acadou a alcaldía en 1932 pola Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA). Novamente nomeárono alcalde en 1936 por Esquerda Republicana (ER) e dentro da coalición da Fronte Popular (FP). Desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.

Tiña como compañeiros na Corporación de Serantes de 1936, entre outras persoas, a: Manuel Pisos Casteleiro, encarcerado; Andrés Varela Díaz, sancionado.

Fuxido. Executado.

En xullo de 1936, coa sublevación militar, fuxiu e refuxiouse no monte durante dous anos. Durmiu ao raso, nun zulo en Santa Mariña ou en covas de Cobas e de San Xurxo, auxiliado pola rede protectora de tres amigos.

Despois de dous anos agochado, ao atoparse enfermo, saíu do seu refuxio e pediu axuda ao médico de Serantes, Joaquín Fajardo, quen o delatou aos represores.

Con el prenderon aos que o axudaran a agocharse: Modesto del Río Polo e Jesús Miño Lourido, labregos, e Avelino Landeira Maneiros, carpinteiro.

Asasináronos a todos un grupo de falanxistas, sen xuízo previo, na praia da Frouxeira, en Valdoviño.

Morte rexistrada por ferida de arma de fogo.

Soterráronos nunha fosa común na praia da Frouxeira, en Valdoviño, nun lugar que aínda hoxe se descoñece.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.