← Volver atrás

Porto Mella, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Procesado. Exiliado

Nacemento:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 01/01/1916 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mozo, almacenista, conserxe e sindicalista, 20 anos. Veciño da rúa das Hortas, 6, en Santiago de Compostela (A Coruña).

Militante da UXT e da Agrupación Socialista (AS) de Santiago de Compostela. Almacenista e conserxe do Sindicato de Dependentes e Oficinistas na cidade compostelá.

Procesado. Exiliado.

Detivérono os represores fascistas despois do alzamento militar rebelde.

Inculpado nunha causa militar en Santiago de Compostela polo delito de rebelión co resultado de posta en liberdade; deixárono libre despois de que o trasladaran ao cárcere de Ordes (A Coruña). Logo agochouse por medo ás brigadas falanxistas en Agolada (Pontevedra) ata que o mobilizou o exército franquista coa súa quinta; estivo na fronte do Ebro e na de Andalucía; en Peñarroya (Córdoba) desertou das tropas sublevadas e pasouse ás forzas republicanas, coas que acadou o grao de capitán.

Exiliouse en Francia cando ocorre a derrota republicana e viviu en Clermont-Ferrand, Puy-de-Dôme, Auvernia-Ródano-Alpes (Francia).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha