← Volver atrás

Prada López, Justo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

Vilamartín de Valdeorras
(Ourense)
- 07/08/1882 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Xixón
(Principado de Asturias)
- 20/11/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 53 anos. Casado. Veciños de Vilamartín de Valdeorras. Irmán de Carlos Prada López, encarcerado. Acadou o título de Maxisterio na Escola Normal de Ourense no ano 1906. Mestre nacional de San Lourenzo de Arcos, Vilamartín de Valdeorras, desde novembro de 1923 e, despois, de San Martiño de Viloira, O Barco de Valdeorras (Ourense) e Santa Comba de Córgomo, Vilamartín de Valdeorras.

Afiliado na Agrupación Socialista (AS) do Barco de Valdeorras desde o ano 1931. Membro da Sociedade Labrega de Traballadores do Barco de Valdeorras.

Fuxido. Executado.

Despois do golpe militar incorporouse ao Comité de Defensa da República de Vilamartín de Valdeorras, para facer fronte á sublevación militar.

O día 21/07/1936 escapou cara os montes de León, onde permanece ata o dia 7 de agosto, data na que acada o Principado de Asturias.

Cociñeiro das milicias republicanas ata que, en novembro de 1936, trasládano a Xixón reclamado como mestre e destinárono a escola de Lorío, en Laviana e, logo, a San Ignacio de Ponga.

En febreiro de 1937 afiliouse á Federación de Traballadores da Ensinanza, do Principado de Asturias, da UXT (FETE-UXT). Militante do PCE.

Detido polos franquistas despois da caída da Fronte Norte en outubro de 1937.

Xulgado en consello de guerra no Principado de Asturias, o día 10/11/1937, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono os militares rebeldes en Xixón o 20 de novembro.

Soterrárono nunha fosa común en Xixón.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1959.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha