← Volver atrás

Prados Pita, Ramón

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

Santa Rosa de Viterbo da Graña, Ferrol
(A Coruña)
- 23/05/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Orán
(Alxeria)
- 01/01/1954 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 36 anos. Casado; tiñan cinco fillos de trece, doce, dez, sete e seis anos, que quedaron en Cartagena e nunca volveron ver ao seu pai. Veciños de Cartagena (Murcia). Ingresou na Armada no ano 1915. Auxiliar 1º naval da Armada desde 1931, graduado como alférez de fragata. Participou na Guerra de Marrocos, nos combates de Vad-San e no desembarco de Alhucemas no ano 1925.

Membro do PCE, do que se deu de baixa en xullo de 1937. Militante do PSOE e da UXT.

Pertenceu á loxa masónica Atlántida nº 5 de Cartagena.

Exiliado. Encarcerado.

Cando comeza a guerra civil era membro da dotación do cruceiro lixeiro Méndez Núñez, no que embarcou en marzo de 1936; este cruceiro actuou contra da oficialidade para que se mantivera fiel á República cando se atopaban en augas de Fernando Poo; levou o barco ao porto republicano de Málaga.

En setembro de 1937 ascendeu a oficial 2º naval. Destinárono ao destrutor Jorge Juan e, logo, ao cruceiro lixeiro Libertad, co que participou na Batalla do Cabo de Palos de marzo de 1938, cando afundiron o cruceiro pesado golpista Baleares, emblema da mariña franquista.

Ao remate da contenda abandonou España no petroleiro Campillo, o día 29/03/1939, cara Alxeria. Ingresárono no campo de concentración de Relizane (Alxeria).

Depurado e dado de baixa na Armada no ano 1940 e requirido en varias ocasións pola xustiza franquista, xulgárono en rebeldía e condenárono, o día 27/05/1943, a 12 anos e un día de reclusión menor.

O Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo perseguiuno de 1940 a 1960.

Morre atropelado nunha rúa de Orán, cando se dirixía a unha consulta médica, e soterrárono no cemiterio cristiá de Tamashouet (Orán) o día 23/12/1954.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha