Nacemento:
Morte:
Chofer e sindicalista, 29 anos. Solteiro. Veciño de Meirás.
Militante do PCE e da CNT. Dirixente entre 1931 e 1936 do Sindicato de Oficios Varios de Meirás e fundador do Radio Comunista de Sada en 1936. Entre 1932 e 1936 tamén pertenceu ao Sindicato de Profesións Varias de Meirás.
Paseado.
A raíz do golpe dos militares escondeuse en Meirás con outras persoas e prendéronos na Coruña os falanxistas sadenses, sufriron torturas e remataron por asasinalos.
Morte rexistrada a causa de hemorraxia interna como consecuencia de feridas de arma de fogo no corazón e perda de gran cantidade de sangue.
O seu cadáver apareceu o 12 de agosto no Monte Abeleira, Veigue.
Asasinaron no mesmo lugar e data a: Manuel Prego Chas, e os seus compañeiros Juan-Antonio Suárez Picallo, Antonio Carballeira Muñiz, Abelaira, e José Mosquera Rey. Antes torturáranos.
Soterráronos nunha fosa común no cemiterio de Veigue.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.