← Volver atrás

Prol Peña, Elena

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada

Nacemento:

O Grove
(Pontevedra)
- 01/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Tiña 35 anos. Casada con Manuel Canedo, encarcerado. Veciños de Marín (Pontevedra).

Encarcerada.

Elena e Manuel eran simpatizantes da Fronte Popular (FP) e despois do golpe militar acubillaron na súa casa ao fuxido Manuel Vidal Couso, Miñoca. Prendéronos aos tres os fascistas.

Xulgada en consello de guerra en Pontevedra polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.

Interna na Prisión Central de Mulleres de Saturrarán, Mutriku (Guipúscoa).

Pena ordinaria conmutada, no ano 1940, na comisión de exame de penas de Pontevedra pola de tres anos de prisión menor.

Procesárona no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárona no ano 1960.

En algunhas fontes cítana como Elena Prol Pena.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha