← Volver atrás

Puche Castro, Benigno

Alcume: Puche
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

San Fausto de Chapela, Redondela
(Pontevedra)
- 01/01/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro e sindicalista, 40 anos. Casou con Estrella González Broullón; tiveron dúas fillas e un fillo: Salud, Manuel e Carmen. Veciños do barrio de Angorén, Chapela. Mariñeiro fogueiro.

Presidente do sindicato da CNT Alianza Marinera na súa localidade.

Durante a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 realizou accións de sabotaxe nas liñas telefónicas con Vigo (Pontevedra).

Encarcerado.

Cando se produce o golpe de Estado formou parte do Comité de Defensa da República. Logo do triunfo do movemento sedicioso fuxiu ao monte e reclamouno o xuíz militar no ano 1936 e no ano 1937.

Pasou a Portugal, país no que residiu un tempo.

Procesárono por responsabilidades políticas en Pontevedra en xullo de 1937. Indultárono no ano 1956.

Regresou de xeito clandestino a Vigo e arrestárono no seu agocho desta cidade o día 04/08/1938.

Xulgado en consello de guerra en Vigo (Pontevedra) polo delito de rebelión militar, na causa 1372/38, co resultado de sentenza a cadea perpetua segundo resolución do día 29/10/1938.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra.

Pasou por prisións de Pontevedra, As Palmas, Sevilla e Dos Hermanas (Sevilla).

Interno na Sexta Agrupación de Colonias Penitenciarias Militarizadas de Dos Hermanas, publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 85 do día 25/03/1944.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha