Nacemento:
Morte:
Panadeiro, sindicalista e librepensador, 49 anos. Veciño de Santiago de Compostela. Emigrado na República Arxentina, onde pasou unha ano na cadea e deportárono no ano 1921. Irmán de Teresa Puente Carracedo, quen casara co industrial panadeiro, José Alonso Vieites, e tío de Carmen-Libertad Alonso Puente, mestra que se exiliou en México. Durante a II República rexentou o Bar El Infierno, no Pombal, Santiago de Compostela.
Foi un dos fundadores de Xuventude Liberal.
Afincado xa en Santiago de Compostela, foi conselleiro do Sindicato de Panadeiros La Espiga, vencellado á CNT. Anticlerical despois que unha prima súa, preñada dun cóengo da catedral, a fixeran abortar na clandestinidade co resultado de morte.
Paseado.
Ao producirse o golpe dos sublevados buscou refuxio nas ruínas do Castelo de Rocha Forte.
Xulgado en proceso militar en Santiago de Compostela, na causa 1153/36, co resultado de sentenza de sobresemento.
Capturado polos sediciosos e encarcerado en Santiago de Compostela, de onde o sacaron para pasealo.
Asasinado, cando tentaban prendelo, polo sarxento Peñaranda, do Corpo de Seguridade e Asalto de Santiago de Compostela, os gardas Cagide e Vázquez Carreira e o garda civil Alejandro Ruiz Nidáguila.
Morte rexistrada en Santiago de Compostela por mor dunha hemorraxia interna producida por ferida de arma de fogo.
O seu cadáver apareceu baixo a ponte da Rocha, no lugar da Amañecida, San Martiño de Laraño, en Santiago de Compostela.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.