Nacemento:
Morte:
Perito mercantil e político, 18 anos. Veciño de Madrid, onde estuda Peritaxe Mercantil.
Militante e dirixente do PCE.
Encarcerado. Exiliado.
Fixo a guerra civil como tenente de metralladoras na zona republicana en Madrid, Teruel e Valencia. Miliciano voluntario do 5º Rexemento na fronte de Somosierra (Madrid). Logo seleccionárono para artellar en Levante a 22ª Brigada Mixta do Exército Popular, na que pertenceu ao Estado Maior. Xa na 39ª División loitou na fronte de Teruel.
Ao remate da contenda atopábase no porto de Alacante para que o evacuaran.
Prendérono os rebeldes e internárono nun campo de concentración en Bétera (Valencia) e logo na prisión de Gandía (Valencia). A súa causa rematou sobresida.
Sae do cárcere e sería novamente detido na Coruña, no ano 1941, e ferido de bala cando tentaba fuxir.
Despois de saír do cárcere, no ano 1942 era na Coruña un cadro do partido no que se aglutinaron os militantes e co que o Comité Central contactou cando se crea a Unión Nacional Española (UNE). Despois da caída de Heriberto Quiñones González en Madrid, prendérono, enviárono á capital e torturárono. Estivo preso en Porlier e Carabanchel.
Xulgado no verán de 1943 en consello de guerra en Alcalá de Henares (Madrid) co resultado de sentenza á pena de morte.
Con el xulgaron e condenaron a Enrique Veira Catrufo, José Camín del Río, Marino Granda Fernández e Marcelino Eirín Mayo.
Pena de morte conmutada pola de cadea perpetua, que cumpriría na Prisión Central de Burgos; pasou 20 anos na cadea.
Puxérono en liberdade condicional en decembro de 1961 e a policía perseguíao para que cumprise os seis anos que lle restaban de condena.
Foxe a París (Francia) e pasa a Venezuela no ano 1968 como apátrida; alí casa coa psicóloga venezolana Ilena Recagno.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.