← Volver atrás

Pumar Pita, Serafín

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor. Axustizado

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

O Barqueiro, Santa María de Mañón, Mañón
(A Coruña)
- 07/05/1947 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Cura párroco de Santa María de Naraío, San Sadurniño (A Coruña).

Os curas do rural ferrolán non tiñan unha posición tan unánime contra dos represaliados coma os da cidade de Ferrol (A Coruña). Destacaron como protectores dos represaliados o cura de Igrexa Feita, Manuel Gesto Iglesias e polo seu apoio aos represores debemos sinalar ao párroco de Naraío, Serafín Pumar Pita.

Colaborador da represión franquista nunha parroquia do norte da provincia de Lugo, trasladárono a Naraío, en 1945, onde manifestou as mesmas “devocións”. Coñecido colaboracionista das tropas da represión.

Represor. Axustizado.

Cando era párroco de Santa María de Mogor, Mañón (A Coruña) axustizouno a guerrilla antifranquista no Barqueiro. Executado por tres guerrilleiros antifranquistas cando ía oficiar un funeral.

Os guerrilleiros da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) pegáronlle un tiro na cabeza na porta do cemiterio e deixaron un cartel con esta frase "Por las hazañas cometidas en Naraío".

Por mor do seu pasamento o Tribunal Militar Territorial de Ferrol (A Coruña) abriu a causa 246/47, que rematou con sentenza de sobresemento.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha