Nacemento:
Morte:
Mestre, escritor e xornalista, 24 anos. Veciño de Vilalba (Lugo). Irmán do profesor e escritor Luis-José Quintela Ferreiro. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela (A Coruña) e rematou no ano 1928. Mestre interino de San Xián de Mourence, Vilalba, en 1930 e de San Pedro de Santa Baia, Vilalba, de 1932 a 1936.
Colaborou con El Progreso, Vida Gallega, El Momento e Faro Villalbés, ao que dirixiu de febreiro a xuño de 1936.
Dirixente de Esquerda Republicana (ER) en Vilalba.
Depurado. Encarcerado. Sancionado.
Os franquistas abríronlle un expediente de depuración como mestre nacional. Trasladárono de xeito forzoso a Bagueixos, San Xoán de Tirimol, Lugo (Lugo).
Ingresado no depósito de Vilalba o día 30/08/1936, puxérono en liberdade o seguinte día 05/09/1936.
Ábreselle un expediente por responsabilidades civís ou políticas co resultado de sanción.
Combateu no exército golpista como alférez provisorio de Infantería na 5ª División; pasou en agosto de 1938 ao 4º Batallón do Rexemento de Infantería Zamora nº 29, 15ª Brigada de Infantería da VIII División Orgánica. En febreiro de 1940 trasladárono como oficial á Caixa de Recrutas nº 64 de Lugo.
No mes de maio de 1940 nomeárono mestre de Santiago de Mosteiro de Devesa, Palas de Rei (Lugo). No ano 1941 confirmárono no cargo de mestre de Feiranova, San Pedro de Santa Baia.
En 1943 trasladouse a vivir a Barcelona como mestre do Grupo Escolar Reyes Católicos.
Despois do remate da contenda nacional publicou varias novelas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.