← Volver atrás

Quiñones González, Heriberto

Alcume: Salva
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

lugar descoñecido
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 02/10/1942 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 29 anos.

Militante da Internacional Comunista en España. Descoñécese o seu lugar de nacemento (posiblemente nalgún país do Este) e o seu nome verdadeiro. Chegou a España en 1930 e en Xixón (Principado de Asturias) déronlle unha nova identidade.

Executado.

Ao comezar a guerra civil achábase en Madrid.

Detido en marzo de 1939. Ingresárono no campo de concentración de Portaceli, Serra (Valencia), de onde puido escapar despois de subornar a un cura; outras versións din que fuxiu do campo de concentración de Albatera (Alacante).

No ano 1941 trasladouse a Madrid onde se fixo cargo do PCE na clandestinidade e onde continuou coa política da Unión Nacional Española (UNE), contactando con moitas comunistas de todas as provincias. Detido en Madrid o día 30/12/1941, co que quedou desmantelado o segundo intento de reconstrución do PCE no interior de España. Coa documentación incautada, caeron máis de 200 militantes comunistas.

Ingresárono na Prisión Provincial de Homes nº 1, cárcere de Porlier (Madrid).

Xulgado en consello de guerra no ano 1942 en Madrid e condenado á pena de morte.

Fusilárono os franquistas o 2 de outubro no Cemiterio do Este, en Madrid, sentado nunha cadeira pois non se mantiña en pé por mor das malleiras e torturas ás que o someteran.

Soterrárono nunha fosa común.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha