← Volver atrás

Regueiro Bueno, Jesús

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 01/01/1897 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Boisaca, Santiago de San Caetano, Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 07/03/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Zapateiro, sindicalista e político, 39 anos. Veciño da rúa Corredoira de San Lorenzo, 1, en Santiago de Compostela.

Militante da CNT e do Sindicato de Construtores de Calzado de Santiago de Compostela desde 1923 e do que acadaría a presidencia. Membro da comisión organizadora do Partido Sindicalista (PS) na cidade compostelá en marzo de 1935; deixou este partido en setembro deste mesmo ano. Participou na campaña pro Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG) xa como militante do PCE, participando en varios mitins.

Executado.

Cando se produce o alzamento militar formou parte do Comité de Defensa da República de Santiago de Compostela. Despois foxe e presentouse ás novas autoridades franquistas en xuño de 1937.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela o día 19/08/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 897/37, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono os golpistas no cemiterio de Boisaca.

Nese lugar e data fusilaron a: Antonio Caldelas, Jesús Regueiro Bueno e José Rodríguez Gerpe.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha