← Volver atrás

Rey Cruz, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

Bueu
(Pontevedra)
- 24/07/1897 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Gusen
(Austria)
- 30/05/1941 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro, 38 anos. Casado; tiñan dúas fillas e un fillo: Dolores, José e María. Veciños da Graña, San Martiño de Bueu, Bueu.

Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea.

Cando se inicia a guerra civil achábase en Andalucía e despois pasou a Barcelona, onde traballou nunha liña de mercantes entre Barcelona e Niza.

Ao remate da contenda exiliouse en Francia.

Preso dos nazis no campo de Tréveris stalag XII-D (Renania-Palatinado, Alemaña). Deportado ao campo de exterminio de Mauthausen (Austria), onde o internan o día 25/01/1941. Despois ingresárono no sub-campo de extermino de Gusen o 17/02/1941, onde se rexistra a súa morte.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha