← Volver atrás

Rico González, Víctor

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 14/04/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cidade de México
(México)
- 13/06/1954 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Profesor, escritor e político, 36 anos. Veciño de Madrid. Licenciado e doutor en Filosofía e Letras no ano 1923. Comisario de policía por oposición. Profesor do Colexio Enrique Dequidt na Coruña. Catedrático do Instituto Cardenal Cisneros e comisario de policía en Madrid. Irmán do militar Juan Rico González, fusilado.

Membro da UXT desde 1927 e da Agrupación Socialista (AS) de Ferrol desde 1930.

Pasou nove meses na cadea por mor da súa participación na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.

Exiliado.

Durante a guerra civil, en maio de 1937, o Goberno republicano nomeouno comisario xeral de Seguridade de Fronteiras e Portos.

Pasou a Francia por Port-Bou o día 08/02/1939. No país galo solicitou poder emigrar a México.

O día 10/10/1939 embarcou no Presidente Harding cara Nova York (Estados Unidos), pasando logo a México o día 6 de novembro dese ano no vapor Monterrey e onde se desenvolveu como profesor universitario en diferentes institucións. Publicou numerosos ensaios.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha