← Volver atrás

Rilo Rodríguez, Juan

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Encarcerado

Nacemento:

Cambre
(A Coruña)
- 22/07/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Avogado, 31 anos. Casado; tiñan seis fillos. Veciño de San Sadurniño (A Coruña). Secretario do Concello de San Sadurniño na II República, desde agosto de 1931. Persoa moderada e conservadora.

Militante da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) e, logo, do Partido de Centro Democrático (PCD) que lideraba Leandro Pita Romero.

Depurado. Encarcerado.

Os franquistas destituírono como secretario do concello en setembro de 1936.

Detido polos rebeldes o día 4 de febreiro de 1937.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) o día 15/03/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 147/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua segundo resolución do 19/03/1937.

Neste proceso ditouse auto de sobresemento para Antonio Pérez Breijo.

Ingresado no penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra) o día 04/07/1937.

Trasladado á Prisión Central de Celanova (Ourense) o 15/05/1939.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña pola de tres anos e catro meses de reclusión menor.

Puxérono en liberdade condicional en 1941 e en liberdade definitiva en 1945.

Rehabilitado, reincorporouse como funcionario municipal..

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha