Nacemento:
Morte:
Dependente e soldado, 18 anos. Solteiro. Veciño das Neves. Dependente dun comercio.
Encarcerado. Morte na cadea.
Cando se produce o alzamento militar era soldado do Rexemento de Artillería Lixeira nº 15 en Pontevedra, 8ª Brigada de Artillería da VIII División Orgánica e, espantado pola represión dos golpistas, desertou e atravesou o río Miño con dous compañeiros; prendeunos a policía portuguesa, que os entregou á Garda Civil de Salvaterra de Miño (Pontevedra).
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra, o día 19/09/1936, polo delito de deserción co resultado de sentenza a cadea perpetua o día 08/10/1936.
Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Trasladárono ao penal do Forte de San Cristóbal, onde ingresa o día 11/10/1936. Participou no intento de fuga masiva deste penal do día 22/05/1938, capturárono ao día seguinte no monte Ezkaba e reingresárono na cadea.
Morte rexistrada en San Cristóbal ás 22:00 h por mor dun colapso cardíaco por unha lesión pulmonar.
Soterrárono nunha fosa común en Berrioplano (Navarra).
Algunhas fontes sinalan que finou o día 04/02/1939.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.