← Volver atrás

Rivadulla Pascual, Benito

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Sancionado

Nacemento:

San Martiño de Meirás, Sada
(A Coruña)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Comerciante, xornalista e político. Casou en San Xián de Osedo, Sada, no ano 1908, con Elvira Álvarez Nieves, natural de Celanova (Ourense) e falecida en marzo de 1944; tiveron un fillo e unha filla: Juan e Eloísa. Veciños de Chantada (Lugo). Aprobou o exame de piloto da Mariña Mercante no ano 1903.

No ano 1911 fundou na Coruña, con outros dous socios, a sociedade Benito Rivadulla y Cia, adicada ao negocio das comisións e representacións. Despois emigrou a Cuba e retornou no ano 1928, instalándose en Chantada onde traballa como empregado do Banco Pastor, do que era director da sucursal desa vila no ano 1929.

Director de La Voz del Agro en 1928, cargo que deixa en setembro de 1929.

Durante a II República nomeárono bibliotecario da Asociación Republicana no ano 1933. Presidente do Partido Galeguista (PG) en Chantada; máis tarde, militou en Esquerda Republicana (ER).

Sancionado.

Ábreselle un expediente de responsabilidades políticas en Lugo co resultado de sanción.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha