← Volver atrás

Rodríguez Blanco, Marcelino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Porqueira
(Ourense)
- 05/01/1886 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Tui
(Pontevedra)
- 16/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carabineiro, 50 anos. Veciño de Tui. Capitán do Corpo de Carabineiros desde marzo de 1935 e destinado na comandancia de Tui en 1936.

Executado.

Cando se produce o golpe de Estado tiña o seu destino en Tui, na 17ª Comandancia do Corpo de Carabineiros, na guarnición de Tui.

Coas forzas ás súas ordes, tropas de mariñeiría, Garda Civil e moitos paisanos, fixo fronte á sublevación militar contra da República, ata o día 27 de xullo en que tiveron que renderse diante da superioridade das forzas rebeldes.

Negouse a fuxir a Portugal e capturárono as tropas franquistas. Fíxose responsable dos feitos que ocorreran na resistencia en Tui, pero aínda así os rebeldes asasinaron a moitos dos seus compañeiros de trincheiras.

Xulgado en consello de guerra o día 09/09/1936 no Cuartel de Infantería de Tui polo delito de rebelión militar, na causa 517/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilado na Alameda de Tui en cumprimento de sentenza con Laureano Doniz Martínez, ao que condenaran tamén á pena de morte no mesmo procedemento.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha