← Volver atrás

Rodríguez Casales, Gumersindo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

San Martiño da Picoña, Salceda de Caselas
(Pontevedra)
- 01/01/1886 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Tui
(Pontevedra)
- 21/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Chofer e político, 50 anos. Veciño de Salceda de Caselas. Emigrou a Bos Aires (República Arxentina) en novembro do ano 1919 e regresou a Galicia en 1925. Mercou unha camioneta para adicarse ao transporte de mercadorías e pasaxeiros en Salceda de Caselas.

Militante da CNT e secretario da Sociedade de Labregos e Canteiros Solidaridad de San Xurxo de Salceda de Caselas. No mes de xuño de 1934 elixírono vicesecretario da Agrupación Local de Esquerda Republicana (ER).

Executado.

Despois do alzamento golpista detívoo unha patrulla de falanxistas e gardas cívicos de Salceda de Caselas, nos primeiros días de agosto de 1936, xunto con Venancio Pérez Lemos.

Xulgados o día 12/10/1936 en consello de guerra en Vigo (Pontevedra) polo delito de rebelión militar, na causa 793/36, co resultado de sentenzas á pena de morte.

Xulgárono neste xuízo con Venancio Pérez Lemos.

Fusilouno en Tui con Venancio Pérez Lemos unha patrulla formada por falanxistas e gardas cívicos de Salceda de Caselas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha