← Volver atrás

Rodríguez Celeiro, Salustiano

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

Cesuras, Nosa Señora dos Remedios, Mondoñedo
(Lugo)
- 01/01/1888 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Cura e poeta, 48 anos. Cura párroco de San Salvador de Serantes, Ferrol (A Coruña) desde 1934. Ordenouse no ano 1917 e pasou por varias parroquias de Ferrolterra.

Contrario aos idearios republicanos, ten enfrontamentos co alcalde Alejandro Porto Leis; o cura remata detido no ano 1933 por incumprir as ordenanzas municipais sobre o toque das campás, o xuíz ordena a súa liberación. Salustiano denuncia a Porto Leis por abuso de poder e o alcalde remata arrestado en xaneiro de 1934.

Represor.

Os curas do rural ferrolán non tiñan unha posición tan unánime contra dos represaliados coma os da cidade de Ferrol. Destacaron como protectores dos represaliados o cura de Valón, San Román de Doniños, Ferrol, Juan Blanco Abuíde; o de San Xoán de Esmelle, Ferrol; Jesús López López; o de San Martiño de Cobas, Emilio Gayoso Vázquez e o de Santa Uxía de Mandiá, Ferrol José-María Balseiro.

Os máis represores serían: Ramón Mayobre Pego, de Santa María de Brión, Ferrol, e Salustiano Rodríguez Celeiro, de San Salvador de Serantes, Ferrol.

Foi moi belixerante nos seus sermóns contra os folguistas que participaron na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 e mostrouse moi activo na represión posterior.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha