Nacemento:
Morte:
Albanel, pintor e político, 23 anos. Veciño de San Clodio. Irmán de Luis Rodríguez Moscoso, encarcerado.
Pertencía, desde maio de 1931, á Agrupación Socialista (AS) de San Clodio. Militante da UXT e da Sociedade de Oficios Varios.
Detido catro meses por mor da súa participación na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.
Fuxido. Exiliado.
Agochouse durante tres meses despois do alzamento e foxe ao Principado de Asturias; sarxento da 2ª Sección da 43ª Compañía do 219º Batallón Galicia, 6ª Brigada Mixta, 2ª División do III Corpo de Exército de Asturias, confirmado no posto en febreiro de 1937. Tenente do Corpo de Carabineiros na guerra civil.
Durante o desenvolvemento da guerra civil pasouse ao PCE.
Prendérono os fascistas no porto de Somiedo (Principado de Asturias), pero consegue escapar da cadea oito meses despois; volvérono prender en Bilbao, de onde foxe despois de algo máis dun mes e cruza a fronteira cara Francia, pasando á zona republicana de Cataluña.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 1102/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 30/01/1939. Proceso contra varios veciños de Ribas de Sil.
Ditouse auto de sobresemento provisorio para José-Antonio González Rodríguez e de sobresemento definitivo para Luis Rodríguez Moscoso. A sentenza declarou fuxido a Domingo Rodríguez Moscoso.
Ao remate da contenda española foxe a Francia o día 08/02/1939 pola fronteira de Figueras e ingresárono no campo de concentración de Argelès-sur-Mer, Pireneos Orientais, Occitania (Francia).
Embarcou para México como polisón no vapor Mexique o día 13/07/1939 e chegou a Veracruz (México) o día 27/07/1939; alí adicouse aos negocios e fixo fortuna coa súa propiedade no estado de Xalisco.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.