← Volver atrás

Rodríguez Suárez, Francisco-Horacio

Alcume: Paquiño
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Santo Estevo de Abelleira, Muros
(A Coruña)
- 24/12/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Muros
- 03/01/1996 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre, empresario e político, 38 anos. Casou con Julia Fernández Mayo; tiveron dúas fillas e tres fillos: Lourdes, María, Ángel, Segundo e Francisco. Veciños de San Xoán de Serres, Muros. Mestre de San Xián de Torea desde 1925 e, desde 1928, de Serres. No ano 1934 fundou a Empresa S Rodríguez, que se adicaba ás obras marítimas.

Militante do PSOE e da UXT. Membro da Sociedade Agraria Amigos Mutuos de Abelleira e Torea e da Agrupación de Traballadores e Labregos de Serres. Promoveu no ano 1922 a creación da Federación Labrega do Partido de Muros.

Concelleiro de Muros despois das eleccións de febreiro de 1936.

Depurado. Fuxido. Encarcerado.

Despois do alzamento suspendérono como concelleiro, fuxiu e estivo agochado na súa casa ata que o prenderon, o día 10/01/1937, a Garda Civil co apoio das milicias das Xuventudes de Acción Popular (XAP), os xapistas.

Xulgado en consello de guerra o día 12/06/1937 en Santiago de Compostela (A Coruña) polo delito de rebelión, na causa 92/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Interno na Prisión Provincial da Coruña, saíu en liberdade vixiada en xullo de 1940.

Separárono de xeito definitivo do servizo e dérono de baixa como mestre; cando o rehabilitaron exerceu de mestre en Santiago de Tal, Muros.

Ao saír da cadea traballou como contratista de obras.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha