← Volver atrás

Romaní Abeijón, Eduardo

Alcume: Eduardo do Camboñán
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

Solleiros, Santa Mariña de Esteiro, Muros
(A Coruña)
- 16/04/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Gusen
(Austria)
- 08/07/1941 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Dependente, 21 anos. Solteiro. Era o máis pequeno de seis irmáns. Axudante de botica en Creo, Esteiro.

Non tiña afiliación política algunha.

Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea.

Mobilizado polo exército sublevado e destinado á 1ª Compañía de Metralladoras do 56º Batallón de Reserva, o día 15/12/1937 foxe, co seu amigo e veciño Martín Lestón Figueiras e José Avreu Charle, de San Pedro de Palmeira, Ribeira (A Coruña); entréganse na 97ª Brigada Mixta, 41ª División do XIX Corpo de Exército do Exército de Levante; logo loitan no bando republicano.

Despois do triunfo da sublevación militar pasa a Francia, pasou por campos de refuxiados e traballou na Liña Maginot.

Preso dos nazis en Tréveris stalag XII-D (Renania-Palatinado, Alemaña), deportárono ao campo de exterminio de Mauthausen (Austria) o día 21/01/1941. Trasladado ao sub-campo de Gusen en febreiro de 1941, onde se rexistra a súa morte.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha