Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, mineiro e labrego, 24 anos. Casou en Bealo; tiñan un fillo e unha filla. Veciños de A Ponte Beluso, San Pedro de Bealo, Boiro. Traballou nas Minas de San Fins, Santa Eulalia de Vilacova, Lousame (A Coruña).
Encarcerado.
Os franquistas acusárono da voadura da ponte do río Beluso, de participar no asalta á casa do médico de Boiro Benigno López, a do cura de Vilacova e o local da Xuventude Católica de Noia (A Coruña).
Estivo agochado en casas de Santiago de Compostela (A Coruña) por un mes e prendeuno a Garda Civil; entrou en prisión preventiva na cidade compostelá o 13/03/1937.
Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) polo delito de rebelión militar, na causa 342/37, co resultado de sentenza a 20 anos de prisión segundo resolución do día 27/07/1937.
Cualificárono como marxista, perigoso e de intervir no movemento revolucionario.
Interno na Prisión Central de Astorga (León) desde o 13/03/1939, procedente da cadea compostelá.
Pena ordinaria conmutada na comisión de exame de penas da Coruña pola de tres anos e cinco meses.
O día 03/09/1940, logo de deixalo en prisión atenuada, pasou a cumprir a súa pena no seu domicilio da Ponte Beluso.
Faleceu nun accidente de bicicleta.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.