Nacemento:
Morte:
Avogado e político, 25 anos. Solteiro. Era o maior de 12 irmáns. Licenciado en Dereito pola Universidade de Oviedo (Principado de Asturias).
En xuño de 1933 era sarxento do exército da II República e, co tempo, alférez de complemento.
Falanxista. Camisa Vella da Falanxe en Becerreá, na que ingresou na primavera de 1936. Mantivo de por vida a súa vea caciquil, herdanza familiar.
Represor.
Cando se produce o golpe de Estado achábase en Becerreá, vila na que proclamou o estado de guerra e onde as novas autoridades o nomearon comandante militar da súa zona, como alférez de complemento que fora no servizo militar e máxima autoridade dos falanxistas locais. A súa misión era reducir e deter aos grupos armados da zona. No mes de setembro envíano a Lugo, onde actuou como avogado defensor en moitos consellos de guerra.
En febreiro de 1937 destinárono ao 12º Batallón do Rexemento de Infantería Zaragoza nº 30, 15ª Brigada de Infantería da VIII División Orgánica; combateu nas frontes do Principado de Asturias, León, Teruel, Levante, Guadalaxara e Estremadura; foi capitán durante once meses dun batallón e resultou ferido. Todo isto segundo as súas propias manifestacións. Ao triunfar o golpe rebelde asumiu o encargo de liberar a comarca de socialistas, comunistas, republicanos e sindicalistas.
Segundo manifestacións, durante a súa xefatura falanxista e na colaboración coa Garda Civil, na súa comarca de influencia, houbo máis de trinta cadáveres esparexidos pola zona; organizou con interese as forzas falanxistas para a “pacificación, control e limpeza” dos fronte-populistas.
Rematados os traballos de limpeza, Antonio Rosón traballo no Xulgado Militar de Lugo, no que actuou de instrutor e de avogado defensor de oficio. Logo desenvolvería o cargo delegado provincial de Educación Popular, que dirixía de facto a propaganda oficial franquista.
Presidente da Deputación Provincial de Lugo de 1949 a 1951. Foi procurador en Cortes e desenvolveu diferentes cargos administrativos e institucionais no réxime.
Presidente da Xunta de Galicia pola Unión de Centro Democrático (UCD) de 1978 a 1979.
Presidente do Parlamento de Galicia de decembro de 1981 ata a súa morte en 1986.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.