Nacemento:
Morte:
Escritor e xornalista, 21 anos. Veciño de Madrid ao inicio da guerra civil. Estudou Filosofía e Letras na universidade de Granada, licenciando no ano 1935. Profesor agregado da Universidade de Valencia. Actor teatral.
Colaborador dos xornais El Defensor de Granada.
Bibliotecario da Federación Universitaria de Estudantes (FUE) en Granada e militante do PSOE. Afiliado á Agrupación de Xornalistas Españois da UXT.
Exiliado. Encarcerado.
Correspondente de guerra do xornal Política e xefe de redacción da revista Armas y Letras.
Durante a contenda española loitou no bando republicano no 4º Batallón de Milicias Populares Galegas, logo integrado na 1ª Brigada, 11ª División do V Corpo de Exército do Exército do Centro, V Rexemento de Aceiro.
En 1937 ocupaba a cátedra de Literatura Árabe na universidade de Valencia. Logo pasou oito meses na Subsecretaría de Armamento. Enviárono a Barcelona e encargouse da Secretaría Técnica das relacións postais con Rusia. Ferírono con metralla nun bombardeo sobre a cidade condal.
Ao rematar a contenda enviárono a Francia con arquivos documentais republicanos e pasou por un campo de refuxiados francés; marchou a Cuba, onde permanece ata o ano 1943, ano no que pasa aos Estados Unidos para ensinar na Universidade de Princeton, Nova Jersey (Estados Unidos).
Traballou na Warner Bros como escritor, director de dobraxes e guionista. No ano 1954 era profesor na Universidade de California.
Regresou a Galicia nos anos sesenta.
Membro correspondente da Real Academia Galega (RAG).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.