← Volver atrás

Salas Pombo, Diego

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Falanxista. Colaboracionista

Nacemento:

Barcelona
- 26/09/1918 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 24/04/1997 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado, mestre e político, 17 anos. Veciño da Coruña.

Falanxista, Camisa Vella de Falanxe Española (FE) e membro da Hermandad de la Vieja Guardia.

Colaboracionista.

Antes do remate da guerra civil converteuse en fundador e secretario provincial de Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET-XONS) na Coruña de 1936 ata 1937.

Tomou parte nas accións da guerra no bando dos facciosos e acadou o grao de alférez de Enxeñeiros no exército franquista.

Ao remate da guerra civil nomeárono inspector nacional do Sindicato Español Universitario (SEU). Xefe provincial do Movimiento na Coruña ata 1945. En agosto de 1941 nomeárono xefe provincial de FET-XONS da Coruña.

O día 17/01/1943 impuxéronlle na Coruña a medalla da “Vieja Guardia” xunto a outros 63 falanxistas.

Gobernador civil e xefe provincial do Movimiento en Salamanca (1945-1950) e en Valencia (1950-1956), vicesecretario xeral de FET-XONS en 1956, procurador nas Cortes franquistas entre 1943 e 1977 (todas as lexislaturas franquistas), membro do Consello Nacional do Movimiento, participou na elaboración da Lei de Principios do Movemento Nacional,...

Morto o ditador e aínda nas Cortes, foi un dos 59 procuradores que votaron en contra da Lei de Reforma Política.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha