← Volver atrás

Salido Seco, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

Pontedeume
(A Coruña)
- 01/01/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pontedeume
- 01/01/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, 33 anos. Casado con María Amado Tenreiro, a quen torturaron para que revelase o seu paradoiro. Veciños da Veiga, 6, San Miguel de Breamo, en Pontedeume.

Fuxido.

Escapou ao pouco do golpe e sempre andou só. Agochábase na Regueira, preto da súa casa. Vivía con María, coa que tiña dous fillos.

A María vixiábana de cerca os seus veciños falanxistas, entre outras persoas, Manuel Cabalar Permuy, irmán do tamén delator, Avelino Cabalar Permuy; ademais Manuel acosábaa. Leváballe a comida ao seu home; a Garda Civil maltratábaa, pero nunca confesou o agocho de Manuel.

Máis tarde, nunha batida da Garda Civil, ferírono nunha perna, gangrenóuselle e morreu no monte. Aparece morto nunha cova no lugar de Alvariño, A Fraga, Pontedeume, no ano 1938. O seu sogro, que era carpinteiro, fíxolle un ataúde e soterrárono nas Fragas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha