← Volver atrás

Sampedro Vidal, Juana

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

Ribeira
(A Coruña)
- 01/01/1892 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido
- 01/01/1975 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 44 anos. Casou en Ribeira en 1918 co industrial e político José Fernández Bermúdez; tiveron tres fillas e tres fillos: Juana, José, Cándido, María-Luz, María-Teresa e Ángel. Veciños de Ribeira. Eran propietarios dun almacén de sal.

Ao seu home, nas eleccións municipais do día 12/04/1931, elixírono concelleiro de Ribeira polo Partido Republicano Radical (PRR) e 1º tenente de alcalde; nas corporacións de 1932, 1935 e 1936 foi concelleiro e nomeárono alcalde de Rianxo tamén polo PR; alcalde de 1933 a 1936. José foi membro da xestora da Deputación da Coruña en 1935 e desenvolvía o cargo de alcalde cando se produce o golpe de Estado e solicitara por dúas veces a súa substitución á fronte do concello pola conflitividade con membros da Fronte Popular (FP).

Vítima colateral.

A José prendérono e depuxérono como alcalde, trasladárono a Boisaca, Santiago de San Caetano, Santiago de Compostela (A Coruña) e tivérono preso unha semana; aproveitou para escapar a Portugal, onde permaneceu durante un ano ata que as autoridades franquistas decretaron unha amnistía para os republicanos sen delitos de sangue. Logo marchou ao exilio e volveu nos anos cincuenta.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha