Nacemento:
Morte:
Médico, profesor universitario e escritor, 43 anos. Casou en 1925 coa tamén médica Elisa Fernández de la Vega Lombán (+1933); tiñan dous fillos e unha filla: Luciano, Wenceslao e Elisa. Veciños de Zaragoza. Licenciado en Medicina en 1915 pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Doutorouse en Medicina e Cirurxía na Universidade Central de Madrid. Foi profesor auxiliar de Medicina na USC. No ano 1922 era catedrático de Anatomía Descritiva en Sevilla e en 1928 de Zaragoza, onde exerceu tamén de decano; alí coñecérono polo “médico dos nenos pobres”.
Membro da loxa masónica Antolín Faraldo dos exiliados galegos en Bos Aires (República Arxentina).
Militante do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) e logo de Esquerda Republicana (ER). Concelleiro en Zaragoza en 1934.
Depurado. Exiliado.
O golpe de Estado cólleo en Zaragoza; os fascistas destituírono dos seus cargos e requisáronlle a súa biblioteca.
Logo foxe e agóchase case que dous meses na casa dos seus irmáns en Santiago de Compostela e, despois, na casa duns parentes políticos en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) e que lle conseguen documentación para pasar a Portugal.
Sancionado coa separación definitiva do servizo.
Procesárono en Zaragoza por responsabilidades políticas e indultárono no ano 1959.
Exiliouse en Bos Aires, onde chegou o 31/10/1936 vía Lisboa (Portugal). Os seus fillos quedaron en Galicia e non se reuniron con el ata o ano 1948.
En Bos Aires foi director médico do Centro Galego e atendeu a Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castelao nos seus últimos días. Tamén exercería de catedrático de Anatomía en Mendoza.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.