← Volver atrás

Sánchez López, Albino

Alcume: Fabas
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Pantón
(Lugo)
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Zapateiro, 26 anos. Casado; tiñan un fillo. Veciños de Santa María de Toiriz, Pantón. Irmán de Antonio Sánchez López, tamén encarcerado.

Encarcerado.

Ingresado no cárcere de Monforte de Lemos (Lugo) o día 08/10/1936 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo o 05/02/937.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 923/36, co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión segundo resolución do día 23/03/1937. Proceso contra varios veciños de Pantón.

A sentenza condenou a cadea perpetua a: Santiago Arias Pérez, Antonio Figueiras Seijas, Manuel González Domínguez, Manuel López López e Jesús Rodríguez de la Torre; pena de 20 anos para José Quiroga Quiroga; 15 anos de cadea a Julio Garrido Fernández; castigaron a 12 anos a: José-María Fernández Somoza, Luis Gallardo Valcárcel, Camilo López González, Luis López López, Antonio López Novelle, Albino Sánchez López e Antonio Sánchez López. Ditaron auto de sobresemento provisorio para: Antonio Arias Mosquera e Emilio Valcárcel González, e auto de absolución para: Senén Garrido, Ramón Novelle López e Antonio Quiroga López.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo e concédeselle a prisión atenuada o día 25/02/1941.

Interno na Prisión Provincial de Lugo, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 58 do día 27/02/1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha