← Volver atrás

Sánchez Martínez, Castor

Alcume: José del Arroyo
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Santiago de Parada de Amoeiro, Amoeiro
(Ourense)
- 08/01/1894 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Beade
(Ourense)
- 25/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Canteiro e político, 42 anos. Veciño de Santiago de Parada de Amoeiro, Amoeiro. No ano 1919 emigrou a Francia para evitar represalias dos caciques locais pola súa loita como agrarista, regresou no ano 1921. Traballou nas obras do ferrocarril.

Agrarista, presidente da Sociedade Labrega de Parada de Amoeiro. Representante dos traballadores nas obras do ferrocarril. Fundou en Amoeiro a UXT e a Agrupación Socialista (AS), da que foi o primeiro secretario.

Coa chegada da II República elixírono alcalde de Amoeiro o día 05/06/1931, cargo no que o cesaron as dereitas o día 11/10/1934 e deportárono. Regresou a Amoeiro en xaneiro de 1935. O día 20/02/1936, co triunfo da Fronte Popular (FP), asumiu novamente a alcaldía.

Colaborador de La Zarpa, La República e La Lucha, asinando como José del Arroyo.

Paseado.

Cando se produce o golpe de Estado refuxiouse en varias casas e tentou pasar a Portugal pero prendérono o día 20/08/1936 e asasinárono na estrada Berán-Beade, no cruzamento de Beade.

Morte rexistrada en Beade a causa de disparo de arma de fogo.

Pouco antes os falanxistas asasinaron ao seu amigo Antonio Pérez Gutiérrez, Pinante, na estrada Amoeiro-Parada. Os dous corpos abandonáronos nunha cuneta.

Soterráronos aos dous nunha fosa común extramuros no cemiterio de Santa María de Beade.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha