Nacemento:
Morte:
Militar, 48 anos. Casou en Ferrol no ano 1913 con América-Francisca-Bienvenida Maristany Martínez, quen pasou a refuxiarse a Francia con varios dos seus fillos. Tiveron cinco fillos e cinco fillas: Pedro, José-María, Cucha, Lola, Farruca, Julio, Carmina, Caridad, Adolfo e Edmundo. Veciños de Ferrol. Mariño da Armada, ingresou no Corpo Xeral da Armada en setembro de 1903; en 1932 abandonou a carreira sendo capitán de corveta e ingresou no Corpo Xeral de Servizos Marítimos. Delegado Marítimo de Guipúscoa no ano 1936.
Militante do PSOE e da UXT.
Fuxido. Encarcerado.
Nos días que seguiron ao alzamento foi un dos organizadores da Mariña de Guerra Auxiliar de Euskadi (MGAE). Coa caída de Bilbao, exerceu o mesmo cargo en Cantabria; cando esta cae no poder dos facciosos, foxe co seu fillo Edmundo nun barco británico cara Barcelona o día 17/09/1937. En 1939 era o xefe do Estado Maior na Defensa Móbil Marítima en Cataluña, cargo no que permaneceu ata a capitulación de Barcelona a finais de xaneiro de 1939.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Ao remate da guerra civil pasou a Francia e internárono no campo de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia) ata o ano 1941. Logo regresou a España.
En España retómase o seu procesamento, no ano 1942, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.
Concedéronlle o indulto total no ano 1946.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.