← Volver atrás

Santín Gómez, Baldomero

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Cervantes
(Lugo)
- 01/01/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego, 37 anos. Solteiro. Veciño de Xestoso, Santa María de Vilarello, Cervantes.

Encarcerado.

Ingresado no depósito de Becerreá (Lugo) o día 19/09/1936 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 1211/37, co resultado de sentenza a 12 anos de prisión. Xuízo desenvolto contra varios veciños de Cervantes.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a Manuel Gómez Santín (conmutada pola de cadea perpetua); 20 anos de cadea para: Emilio Fernández Santín e Eladio Pereira Fernández; penas de 15 anos a: Manuel Fernández Gallardo, Rudesindo Fernández González e Manuel Gómez Núñez; castigaron a 12 anos a Baldomero Santín Gómez. A sentenza ditou auto de sobresemento definitivo para Luis Digón García, e de absolución para Rudesindo Fernández Santín. Declararon fuxidos a: Victorino Fernández Digón e Abelardo Gutiérrez Digón.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo e concédeselle a prisión atenuada o día 23/08/1940.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de auxilio e encubrimento de rebeldes e atracadores, na causa 170/43, co resultado de sentenza a un ano de cadea.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1961.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha