Nacemento:
Morte:
Empregado, 32 anos. Veciño da Coruña. Traballador da Compañía Arrendataria del Monopolio de Petróleos (CAMPSA).
Anarcosindicalista. Delegado do Sindicato de Petroleiros na Confederación Rexional Galaica (CRG). Fundador en 1931 do Ateneo Cultural de Santa María de Rutis, Culleredo (A Coruña).
En decembro de 1933 participou no asalto ao Cuartel da Garda Civil de Oleiros (A Coruña), motivo polo que o condenaron a 26 anos de prisión en consello de guerra do 16/01/1935; quedou en liberdade despois do triunfo da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936.
Represor. Morte en combate.
Despois do triunfo da sublevación militar cambiou de actitude e reuniuse co falanxista e Delegado Civil en Culleredo, Jorge Bermúdez de Castro, militou entre os falanxistas e entrevistouse con militantes da CNT, antigos compañeiros, para que entraran na organización falanxista.
Semella que recrutou persoas para actuar contra os mestres progresistas. Cando comezaron as purgas dos arribistas dentro de Falanxe, alistouse no Terzo e faleceu nas filas do exército golpista.
Tamén houbo testemuñas de que foran os propios falanxistas os que o eliminaron.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.