← Volver atrás

Santolalla Iglesias, Carmen

Alcume: Carmiña
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliada

Nacemento:

Tui
(Pontevedra)
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mestra, 29 anos. Casou en Tui en 1925 co funcionario de Correos e político Joaquín Alonso Granados; tiveron un filla e dous fillos: Fernanda, Joaquín e Manuel. Veciños do Porriño (Pontevedra). No ano 1932 o seu home era presidente da Agrupación Socialista (AS) de Porriño.

Carmen era militante de Esquerda Republicana (ER) e secretaria das Xuventudes Republicanas (XXSS) do Porriño.

Exiliada.

Despois da execución de Joaquín, rexistrada na Volta da Moura, San Mamede de Guillarei, Tui (Pontevedra), o día 16/08/1936, Carmen decidiu exiliarse.

Residindo na zona aínda republicana do País Vasco, sofre o bombardeo de Guernica (Biscaia), bombardeu no que resultou ferido o seu fillo Manuel. En 1937, con Euskadi xa derrotada, viaxa cos seus dous fillos varóns nun cargueiro inglés e desembarcan en La Pallice, La Rochelle (Francia).

A súa filla Fernanda, entón de nove anos, quedara ao cuidado duns tíos.

Comezada a II Guerra Mundial, o día 19/10/1939, embarcaron cara Bos Aires (República Arxentina) no Massilia e chegaron o 05/11/1939; non os aceptaron e remataron por exiliarse en Chile.

Pola súa amizade coa dona do embaixador español, ingresaron legalmente na República Arxentina o día 18/01/1940.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha