← Volver atrás

Santos Fernández, Antonio

Alcume: o Montuno, Castañiñas
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

A Pobra do Caramiñal
(A Coruña)
- 01/01/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 26/01/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornaleiro, 21 anos. Solteiro. Veciño da Pobra do Caramiñal.

Fuxido. Executado.

Perseguido por participar no Comité de Defensa da República para resistir aos rebeldes na Pobra do Caramiñal.

Desertou do exército sublevado.

Tiña catro causas militares abertas nas que o declararon fuxido e en rebeldía.

Capturárono os rebeldes.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión militar, na causa 1427/37, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono os golpistas ás 07:00 h no Campo da Rata, na Coruña, con Juan Galán Barbero, Lisardo Longueira García, Ferranchín, e José Maseda Vaamonde, Caldereteiro.

Morte rexistrada na Coruña ao ser pasado polas armas.

Soterrárono o día 26 de xaneiro nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Justo Galán Barbero, Lisardo Longueira García e José Maseda Vaamonde.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha